Geranio Torreiro Antón, Presidente de Honor do Coro "Cántigas da Terra" e ex-delegado para Galicia do Festival Interceltique de Lorient, comprácese en editar de forma gratuita un traballo da Músdica e Danza, e diferentes mostras da Cultura Galega: as letras, cine, pintura, etc; na Bretaña, na citada ciudad de Lorient. Este Traballo ten un contido de cerca de novecentos folios, pero se seleccionou só o relativo a Galicia, xa que foron sete paises celtas: Bretaña, Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornuailles, Galicia e Illa de Man. A información pode ser valiosa para os estudantes e persoas que lles agrade a música tradicional dos citados paises, e a importancia da cidadanía dos habitantes de Lorient, que teñen un dos mellores festivais do mundo.

Geranio Torreiro Antón               

viernes, 10 de agosto de 2012

MANEO DE LOUREIRO


MANEO DE LOUREIRO

A muller de Malpocado
esta bailando n´a eira
e Malpocado mirando
como a muller se peneira.

ESTRIBILLO
Tés un limoeiro
c´un par de limóns,
heiche de colle-l´os
que digas que non.

Para ir e vir de noite
a ese lugar de Loureiro;
para ir e vir de noite,
aluméame, luceiro.

Eu caseime en Pontevedra
c´unha nena d´a Moureira;
e todo tempo se ll´iba
porque saliu priguiceira.

O carballo qu´é pequeño
tamén fai pequena sombra;
a rapaza qu´e bonita,
pouquiño dote ll´abonda.

Vive ti, durme e descansa
e por mín non teñas pena,
porque me tés tan seguro
com´a y-auga nunha cesta.

A agulliña vai cosendo
e o dedal vain-a seguindo;
a si fan as boas mozas
que d´o amor vanse rindo.

Recollida por Saturnino Cuiñas.
Estreada o 1 de Agosto de 1945.
Nº arquivo 0333.

No hay comentarios:

Publicar un comentario