Geranio Torreiro Antón, Presidente de Honor do Coro "Cántigas da Terra" e ex-delegado para Galicia do Festival Interceltique de Lorient, comprácese en editar de forma gratuita un traballo da Músdica e Danza, e diferentes mostras da Cultura Galega: as letras, cine, pintura, etc; na Bretaña, na citada ciudad de Lorient. Este Traballo ten un contido de cerca de novecentos folios, pero se seleccionou só o relativo a Galicia, xa que foron sete paises celtas: Bretaña, Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornuailles, Galicia e Illa de Man. A información pode ser valiosa para os estudantes e persoas que lles agrade a música tradicional dos citados paises, e a importancia da cidadanía dos habitantes de Lorient, que teñen un dos mellores festivais do mundo.

Geranio Torreiro Antón               

viernes, 10 de agosto de 2012

FOLIADA CHISQUIRRISCHIS


FOLIADA CHISQUIRRISCHIS

Si ti non fuches aos mares
non sabes o q´es pescar
si ti non fuches aos mares
pescanse os muxes a paos ¡Ai!
e con crollos os calamares
e con crollos os calamares ¡Ay!
¡Ai! la le lo, ¡Ai! la la la.

ESTRIBILLO
Polo chiquirrischis e o diaño do chis
quiseras de mi namorar
a de ser co chis chis io chisquirrischis
io chisquirrischisquirrischas.
si co chiquirrischis e o diaño do chis
quiseras de mi namorar
a de ser co chis chis io chisquirrischis
io chisquirrischisquirrischas.

Por que teño duas mozas,
miña muller enfadouse
por que teño duas mozas,
eu non m´enfado c´o ela ¡Ay!
e mais ela ten duas sogras
e mais ela ten duas sogras ¡Ay!
¡Ai! la le lo, ¡Ai! la la la.

As nenas de Camariñas,
teñen sona de bonitas
as nenas de Camariñas,
e tamén teñenen a sona ¡Ay!
de que son muy liseiriñas
de que son muy liseiriñas ¡Ay!
¡Ai! la le lo, ¡Ai! la la la.

Os mainzos dan o millo,
as Figueiras dan os figos
os mainzos dan o millo,
e as rapazas solteiras ¡Ay!
as veces tamen dan fillos
as veces tamen dan fillos ¡Ay!
¡Ai! la le lo, ¡Ai! la la la.

No hay comentarios:

Publicar un comentario