“BEN,
BEN VAI” Enchoyada Festiva
Eu teño un canciño
que veu da Marola,
e baila o fandango
c´unha perna sola.
Si
tes un canciño
que
veu da Marola,
e
baila o fandango
c´unha perna sola.
Eu
non teño entroques
nin
can, nin cadela,
por
que son noviña
e
inda estou solteira.
Xa
qu´eres noviña,
e
para non ter medo,
un
can faiche falla
no
pe do portelo.
Anque
son noviña
e
para non ter medo;
dis
que me fai falla
un
can no portelo.
Ese
teu consello
xa
me chega tarde;
que
si eu no me gardo
non
hay quen me garde.
Rapaciña
nova,
vives
engañada,
pois
sin un canciño
nunca
estás gardada.
Son
rapaza nova,
non
vivo engañada,
qu´a
tua parola
no
me conta nada.
Mais,
ten bon cuidado
si
eres can palleiro;
que
meu pai no durme
nin
deixa o fungueiro.
Recollida
por Mauricio Farto.
Estreada
o 25 de Xan Xuán de 1940.
Nº
arquivo 0154.
No hay comentarios:
Publicar un comentario