"VOU A FALAR DE MÍN"

O meu nome é
Geranio Torreiro Antón, nado na Coruña, o 25 de Setembro de 1.931, fillo de
José Torreiro e de
María Antón Abelleira "María a dos nenos". Meus irmáns son
Violeta, Perla, Dalia, Nardo, Azucena, Narcio e Miguel, todos nacidos no Campo de Artillería y en calles do entorno. A miña pretensión é a de dar a coñecer dende 1.955 ata 1.980, data na que presentei a miña baixa no Laureado Coro
"CÁNTIGAS DA TERRA", para dedicar todo o meu tempo libre ó
FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT, labor que desempeñei dende 1.976 ata o 2.000.
No ano 2.001 volvín a "CÁNTIGAS DA TERRA", cumprida a miña palabra dada a varios Directivos de Cántigas de que, si marchaba de Festival voltaría ao Coro, cousa que pasou, sendo presentada a miña candidatura, elixida na Asamblea Xeral como presidente da Sociedade no ano 2.001, e ata o 2.010, ano no que pedín a baixa como tal. pero a miña baixa era tan so física, xa que sempre estiven ligado ó Coro, e estarei ata o final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario